sábado, 1 de junio de 2013

A planta de reciclaxe



A planta de reciclaxe é a culminación do Proxecto de Desenvolvemento Integral do Barrio de Acahualinca, que inclúe tres compoñentes: ambiental, socio económico e habitacional. O traballo levouse a cabo non só co esforzo da AECID (A Axencia Española de Cooperación Internacional) e das ONGD españolas e locais, senón tamén coa colaboración das autoridades. A poboación beneficiaria (258 familias) que traballaba e residía no vertedoiro, implicouse directamente no proxecto, o que supón a colaboración de aproximadamente 1.500 homes, mulleres e nenos, na intervención.

Chureca era un vertedoiro incontrolado, un asentamento que presentaba grandes problemas sociais como traballo infantil, amoreamento en infraviviendas, insalubridade, violencia intrafamiliare de xénero, altos índices de analfabetismo infantil e absentismo escolar, desnutrición e pobreza extrema.

Un asentamento sostible

Tras o comezo do proxecto, moitos dos poboadores de La Chureca foron formados e comezaron a traballar nas obras de selado do vertedoiro, a construción da planta de reciclaxe e a área de novas vivendas e servizos para os poboadores. Así mesmo, o persoal da planta de reciclaxe (450 a 500 empregados) está constituído, na súa gran maioría, polos antigos "churequeros". As vivendas están a ser entregadas en propiedade ás 258 familias censadas na data de inicio do proxecto. Mentres, se levaron a cabo accións para a alfabetización de adultos, a prevención do absentismo escolar e a integración de mozos en risco de exclusión, coa construción dunha Escola Taller de Formación Profesional, a Escola Taller Acahualinca, e outras moitas actividades, en coordinación coa Alcaldía de Managua.
O Barrio de Acahualinca, no que se sitúa La Chureca, dispón tamén, grazas a este proxecto, dun centro de saúde, un centro cultural comunitario, áreas deportivas e de ocio, un centro educativo e unha sub-estación de policía, que dan servizo aos habitantes das 258 vivendas construídas a raíz do proxecto, e ao resto de poboadores deste barrio da cidade de Managua. En total calcúlase que son máis de 16.000 os beneficiarios indirectos deste proxecto, que achegará unha xestión de residuos ambientalmente sostible aos dous millóns de habitantes de Managua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario