domingo, 30 de junio de 2013

A cooperación está en perigo

Experiencias coma as da Chureca están en perigo. España é o país que máis recortou a súa axuda en cooperación en 2012.

Aínda en crise, nove países aumentan o seu AOD e renovan o seu compromiso co 0'7%, como Reino Unido.

Os datos publicados sobre a Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) do ano 2012 polo Comité de Axuda ao Desenvolvemento (CAD) da OCDE, no que se constata que España é o país que máis recortou a súa axuda en cooperación en 2012 (un 49,7%, ata situarse en tan só un 0,15% do PIB) pon de manifesto que a política de cooperación ao desenvolvemento, non é considerada polo Goberno como unha política pública. En efecto, erradicar a pobreza é cuestión de dereitos e de vontade política.

A loita contra a pobreza global con moi poucos recursos pode ter un grande impacto, pero o recorte sufrido pola política de cooperación foi desproporcionado. Calcúlase que con esta crise perdemos un 5% de riqueza en España, e o recorte foi dun 50%. Ademais, a xustificación dada en moitas ocasións polos representantes do Ministerio de Exteriores de que tivésemos que renunciar a axudar fóra por axudar dentro, foi algo demagóxico.

Non se trata só de solidariedade. Trátase de estar dunha forma responsable no mundo que nos toca vivir. España segue sendo un país rico a pesar da crise, estamos nunha renda per cápita duns 23.250 €, que comparado con outros países segue sendo moito. Hai problemas globais que hai que afrontar dende a responsabilidade global, o que implica investir algúns recursos e unha axenda política forte




Ante isto, manifestamos:

-Que estamos indignadas, si, pero máis alá de mostrar a nosa indignación, anunciamos que imos seguir loitando contra a pobreza dende as causas que a orixinan, mobilizándonos nas rúas e prazas de todo o mundo por un cambio de modelo máis xusto e máis equitativo para as persoas.

-Que ante este sistema que antepón os intereses duns poucos fronte ao ben común, pasamos á acción para construír xuntos un mundo mellor, buscando alianzas con movementos sociais e persoas a nivel global. Porque non están a facer crer que a pobreza é unha fatalidade. Pero lonxe desta falacia, a pobreza ten causas e responsables.

Polo tanto, dende Alianza pola Solidariedade -Habitáfrica + IPADE + Solidariedade Internacional-, berramos ben alto ante os gobernantes do mundo: Ímolo cambiar.

Ímolo cambiar reclamando dunha vez responsabilidade e vontade política firme na loita contra a pobreza, conseguir que as declaracións dos nosos gobernos sexan vinculantes, porque fan declaracións grandilocuentes, lévanse toda a atención mediática, e xeran un estado de opinión no que parece que se está a dar moito diñeiro, que se están a facer moitas cousas, cando en realidade eses compromisos non se cumpren.

E ímolo cambiar co apoio das persoas que contribúen ás ONG, que por certo a súa achega apenas se reduciu, dando o noso paso adiante para mobilizarnos como cidadanía española e esixindo á nosa clase política, sexa da ideoloxía que sexa, que cumpra estes mínimos que dixemos de responsabilidade política nun mundo global


Aquí tedes o enlace ao texto
http://www.solidaridad.org/Espana_lidera_la_reduccion_de_la_Ayuda_Oficial_al_Desarrollo.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario